GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA DO IES ALFREDO BRAÑAS - CURSO 2022-2023
· Se queres ir á biblioteca na túa hora de recreo, tés que comprobar a quenda que che corresponde, segundo o nivel ao que pertenzas. As quendas están publicadas no taboleiro da túa aula de referencia.
· Unha vez comprobado que podes asistir ese día, dirasllo ao profesor/a con quen teñas clase na hora anterior ao recreo para que te acompañe.
· Unha vez sentada/o, indicarás, no impreso que atopes na mesa, os seguintes datos: nome e apelidos, nivel, grupo e nº de posto que ocupas. Recorda que para respectar a distancia de seguridade, non poderás mover a cadeira onde sentes.
· Na biblioteca podes estudar, ler, xogar e, por suposto, levar en préstamo todo o material que precises.
· Na zona multimedia poderás empregar os ordenadores para traballos de clase; tamén poderás escanear e imprimir material de traballo coa supervisión da profesora ou do profesor de garda, que che axudará nesta tarefa. Primeiro, deberás pedir permiso para escanear e imprimir. Se houbese, nesta zona, máis usuarias/os que postos dispoñibles, dividirase o tempo de uso en quendas de 10 minutos. Deberás apuntarte no impreso que atoparás na mesa.
· Na biblioteca temos publicacións de todo tipo, pelis de ficción e documentais, xogos de mesa e até un xornal para xente miúda.
· Se queres algún título que non posuímos, podes pedírnolo e procuraremos mercalo canto antes.
· Sigue as novidades e actividades da biblioteca no noso Instagram.
No hay comentarios:
Publicar un comentario