LECTURA RECOMENDADA SETEMBRO
BIBLIOBRAÑAS
Blog da biblioteca do IES Alfredo Brañas
BENVIDA
lunes, 14 de septiembre de 2026
jueves, 10 de septiembre de 2026
miércoles, 17 de junio de 2026
lunes, 1 de junio de 2026
LIBRO RECOMENDADO MES DE XUÑO
Neste último mes do curso, recomendamos este libro
Tras unha gran inundación no pobo de Perdido, a poderosa familia Caskey intenta recuperar as súas propiedades e a súa influencia. Durante a riada aparece unha misteriosa moza chamada Elinor Dammert. Pouco a pouco, Elinor intégrase na comunidade e achegase á familia, especialmente a Óscar Caskey. A súa presenza provoca un enfrontamento crecente con Mary-Love, a matriarca dos Caskey. O libro combina saga familiar, drama sureño e elementos sobrenaturais.
lunes, 18 de mayo de 2026
17 DE MAIO
Esta semana temos dúas commemoracións
Día Internacional contra la Homofobia, la Transfobia y la Bifobia (IDAHOBIT).
Os nosos colaboradores fixeron un cartel para celebrar este día
GRAZAS A POLOS CREATIVOS POLA SÚA COLABORACIÓN
Ademais, celebramos unha xincana con alumnado de 1º de ESO
miércoles, 13 de mayo de 2026
martes, 5 de mayo de 2026
LIBRO RECOMENDADO MES DE MAIO.
Neste mes das Letras Galegas, recomendamos unha biografía ilustrada de Begoña Caamaño, a quen lle dedicamos este día no 2026. Desde a súa infancia ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano
Esperamos que o disfrutedes!!






.jpg)
.jpg)



