BENVIDA

viernes, 23 de septiembre de 2022

 NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA - CURSO 2022-2023

1. Non se pode comer nin beber na biblioteca.

 2. Mantén un ton de voz axeitado, que non impida o traballo das túas compañeiras e dos teus compañeiros.

 3. Non se permite o uso de dispositivos móbiles.

 4. Non se pode cambiar de lugar as cadeiras.

 5. Cando collas un libro dos andeis, non o devolvas ao mesmo lugar: deposítao no punto habilitado para isto.


6. Coida os libros da biblioteca: non escribas neles, non estragues / arrinques as follas… (se estragas o material da biblioteca, deberás restituílo!)

 7. Respecta as datas de devolución dos materiais que levas en préstamo. Se non acabaches de utilizalos, lémbrate de renovar a data de devolución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario