BENVIDA

viernes, 30 de septiembre de 2022

 LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA - CURSO 2022 -2023

FILOSOFÍA:

1º TRIMESTRE: "De Platón a Batman".

2º TRIMESTRE: "La puerta de los tres cerrojos."

3º TRIMESTRE: "Del color de la leche".

PSICOLOXÍA:

1º TRIMESTRE: "Invisible".

2º TRIMESTRE: "Como hacer que te pasen cosas buenas".

3º TRIMESTRE: "El caballero de la armadura oxidada".

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

1º ESO

"La chica que patina y el tonto que la quiere"

"La tejedora de la muerte".

"Buen camino, Jacobo".

2º ESO

"El asesinato de la profesora de lengua".

"Las lágrimas de Shiva".

"Con los ojos cerrados".

3º ESO

" Finis mundi".

"El Lazarillo de Tormes".

"La tuneladora".

4º ESO
"Zalacaín el aventurero".

"El misterio de la cripta embrujada".

"El cartero de Neruda".

"El capitán Alatriste".

1º BACHARELATO

"El alquimista impaciente".

"En el lejano país de los estanques".

"Pasado perfecto".

"Romeo y Julieta".

"Madame Bovary".

"La metamorfosis".

"La ley de la calle".

"Rebeldes".

"Portosanto".

2º BACARELATO

"Crónica de una muerte anunciada".

"El lector de Julio Verne".

"La Fundación".

"Romancero Gitano".



viernes, 23 de septiembre de 2022

 NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA - CURSO 2022-2023

1. Non se pode comer nin beber na biblioteca.

 2. Mantén un ton de voz axeitado, que non impida o traballo das túas compañeiras e dos teus compañeiros.

 3. Non se permite o uso de dispositivos móbiles.

 4. Non se pode cambiar de lugar as cadeiras.

 5. Cando collas un libro dos andeis, non o devolvas ao mesmo lugar: deposítao no punto habilitado para isto.


6. Coida os libros da biblioteca: non escribas neles, non estragues / arrinques as follas… (se estragas o material da biblioteca, deberás restituílo!)

 7. Respecta as datas de devolución dos materiais que levas en préstamo. Se non acabaches de utilizalos, lémbrate de renovar a data de devolución.

 

GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA DO IES ALFREDO BRAÑAS - CURSO 2022-2023

· Se queres ir á biblioteca na túa hora de recreo, tés que comprobar a quenda que che corresponde, segundo o nivel ao que pertenzas. As quendas están publicadas no taboleiro da túa aula de referencia.

· Unha vez comprobado que podes asistir ese día, dirasllo ao profesor/a con quen teñas clase na hora anterior ao recreo para que te acompañe.

· Unha vez sentada/o, indicarás, no impreso que atopes na mesa, os seguintes datos: nome e apelidos, nivel, grupo e nº de posto que ocupas. Recorda que para respectar a distancia de seguridade, non poderás mover a cadeira onde sentes.

· Na biblioteca podes estudar, ler, xogar e, por suposto, levar en préstamo todo o material que precises.

· Na zona multimedia poderás empregar os ordenadores para traballos de clase; tamén poderás escanear e imprimir material de traballo coa supervisión da profesora ou do profesor de garda, que che axudará nesta tarefa. Primeiro, deberás pedir permiso para escanear e imprimir. Se houbese, nesta zona, máis usuarias/os que postos dispoñibles, dividirase o tempo de uso en quendas de 10 minutos. Deberás apuntarte no impreso que atoparás na mesa.

· Na biblioteca temos publicacións de todo tipo, pelis de ficción e documentais, xogos de mesa e até un xornal para xente miúda.

· Se queres algún título que non posuímos, podes pedírnolo e procuraremos mercalo canto antes.

· Sigue as novidades e actividades da biblioteca no noso Instagram.

viernes, 9 de septiembre de 2022

 BENVIDOS A UN NOVO CURSO NO IES ALFREDO BRAÑAS

A BIBLIOTECA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS O 20 DE SETEMBRO. ESPERAMOS VERVOS A TODOS E TODAS!!