LIBRO RECOMENDADO MES DE NADAL
Ola a todos os lectores e lectoras do Brañas.
Par este mes de nadal, temos como recomendación un libro sobre Castelao con motivo do cabodano do seu pasamento.
É unha biografía en forma de novela gráfica.
25-N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Hoxe conmemoramos
Este día recordamos o Día contra a violencia de xénero e tamén contra a violencia vicaria.
Un grupo de rapaces e rapazas de 4º da ESO fixo este mural e
axudou a poñer o escaparate. GRAZAS a todos e todas. I CONCURSO DE CURTAS
Convocamos o I concurso de curtas
As bases son as seguintesBASES DO CONCURSO DE CURTAS
1. Os videos deberán empregar a lingua galega.
2. A extensión máxima será de 1 minuto e medio e 2 minutos. Pódese facer en grupo
3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.
4. Na escolla do video gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade.
5. Será descalificado automaticamente do concurso calquera video que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo, así como linguaxe ofensiva.
6. O prazo para entregar o video será ata o 27 de outubro, na dirección de correo, co nome do alumno/a e curso
7. O anuncio do video gañador e a entrega do premio realizaranse o día 30 de Outubro no recreo da ESO na Aula de Atención Educativa. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso.
III CONCURSO DE MICRORRELATOS ARREPIANTES.
A biblioteca convoca o III concurso de microrrelatos arrepiantes.
BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS
1. Os microrrelatos deberán estar escritos en lingua galega.
2. A extensión máxima será de 75 palabras e deberá axustarse ás características propias deste xénero.
3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.
4. Asinarase o microrrelato cun pseudónimo. Nun sobre cerrado, incluirase unha nota na que figuren o nome e apelidos da persoa autora, así como o nivel e o grupo a que pertence. No exterior do sobre escribirase o pseudónimo con que se asinou o microrrelato, a fin de facilitar a súa identificación, en caso de resultar gañador.
5. Na escolla do microrrelato gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade literaria.
6. Será descualificado automaticamente do concurso calquera microrrelato que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo.
7. O anuncio do microrrelato gañador e a entrega do premio realizaranse o día 31 de Outubro no recreo da ESO na biblioteca. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso.
LIBRO DO MES
Para este mes de outubro propoñemos esta novela gráfica