BENVIDA

lunes, 6 de octubre de 2025

 LIBRO DO MES

Para este mes de outubro propoñemos esta novela gráfica



Morgan, unha rapaza de quince anos, ten un segredo: está desexando saír da illa na que vive. Quere acabar o instituto, irse da casa, deixar atrás aos seus pais divorciados, e desfacerse das súas amigas... que non a entenden para nada. Porque, en realidade, o segredo de Morgan é que ten moitísimos segredos, como o de que lle gustan as rapazas.
Unha noite, tras esbarar polas rochas, unha misteriosa xoven chamada Keltie salva a Morgan de morir afogada. As dúas rapazas convértense en grandes amigas e, moi pronto, en algo máis. Ainda así, Keltie ten os seus propios segredos que non tardarán en sair á superficie... Poderá o amor que sente Morgan por ela superalo e sair a flote?


No hay comentarios:

Publicar un comentario