DÍA DAS ESCRITORAS.
O alumnado dun dos Clubs de Lectura, fixo unha lectura na biblioteca de libros escritos por mulleres.
aquí están as súas recomendacións
CONCURSO DE MICRORRELATOS
1. Os microrrelatos deberán estar escritos en lingua galega.
2. A extensión máxima será de 75 palabras e deberá axustarse ás características propias deste xénero.
3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.
4. Asinarase o microrrelato cun pseudónimo. Nun sobre cerrado, incluirase unha nota na que figuren o nome e apelidos da persoa autora, así como o nivel e o grupo a que pertence. No exterior do sobre escribirase o pseudónimo con que se asinou o microrrelato, a fin de facilitar a súa identificación, en caso de resultar gañador.
5. Na escolla do microrrelato gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade literaria.
6. Será descalificado automaticamente do concurso calquera microrrelato que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo.
7. O anuncio do microrrelato gañador e a entrega do premio realizaranse o día 30 de Outubro no recreo da ESO na biblioteca. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso.