BENVIDA

lunes, 30 de septiembre de 2024

 CONCURSO DE MICRORRELATOS 



1. Os microrrelatos deberán estar escritos en lingua galega.

 2. A extensión máxima será de 75 palabras e deberá axustarse ás características propias deste xénero.

3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.

 4. Asinarase o microrrelato cun pseudónimo. Nun sobre cerrado, incluirase unha nota na que figuren o nome e apelidos da persoa autora, así como o nivel e o grupo a que pertence. No exterior do sobre escribirase o pseudónimo con que se asinou o microrrelato, a fin de facilitar a súa identificación, en caso de resultar gañador.

 5. Na escolla do microrrelato gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade literaria.

6. Será descalificado automaticamente do concurso calquera microrrelato que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo.

 7. O anuncio do microrrelato gañador e a entrega do premio realizaranse o día 30 de Outubro no recreo da ESO na biblioteca. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario