BENVIDA

lunes, 30 de septiembre de 2024

 CONCURSO DE MICRORRELATOS 



1. Os microrrelatos deberán estar escritos en lingua galega.

 2. A extensión máxima será de 75 palabras e deberá axustarse ás características propias deste xénero.

3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.

 4. Asinarase o microrrelato cun pseudónimo. Nun sobre cerrado, incluirase unha nota na que figuren o nome e apelidos da persoa autora, así como o nivel e o grupo a que pertence. No exterior do sobre escribirase o pseudónimo con que se asinou o microrrelato, a fin de facilitar a súa identificación, en caso de resultar gañador.

 5. Na escolla do microrrelato gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade literaria.

6. Será descalificado automaticamente do concurso calquera microrrelato que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo.

 7. O anuncio do microrrelato gañador e a entrega do premio realizaranse o día 30 de Outubro no recreo da ESO na biblioteca. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso. 

lunes, 16 de septiembre de 2024

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO.
A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA NO NOSO HORARIO HABITUAL. ESPERÁMOSTE!



viernes, 7 de junio de 2024

 CHARLA CON ESCRITORES

O próximo 20 de xuño teremos no noso centro á periodista e escritora Olga Rodríguez que dará unha charla no Salón de Actos para o alumnado de ESO

viernes, 3 de mayo de 2024

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Na semana do 13 ao 15 de maio, o alumnado colaborador da biblioteca pasará polas aulas para ler poemas de Luisa Villalta para celebrar o día das letras galegas.



jueves, 2 de mayo de 2024

 LIBRO RECOMENDADO PARA O MES DE MAIO

Anécdotas sorprendentes, incomprensibles, inxustas, divertidas ás veces, que se mesturan con entrevistas de primeiro nivel e información rigorosa.
Nos diferentes capítulos analízase a situación do fútbol en España, a invisibilidade e a violencia verbal contra as persoas no normativas, ou recorda o papel decisivo que xogan os medios de comunicación na correcta divulgación da diversidade.