BENVIDA

lunes, 18 de mayo de 2026

 17 DE MAIO

Esta semana temos dúas commemoracións

 Día Internacional contra la Homofobia, la Transfobia y la Bifobia (IDAHOBIT). 

Os nosos colaboradores fixeron un cartel para celebrar este día









E tamén fixeron unhas chapas coa imaxe de portada do libro de Begoña Caamaño "Circe ou o pracer do azul"

GRAZAS A POLOS CREATIVOS POLA SÚA COLABORACIÓN

Ademais, celebramos unha xincana con alumnado de 1º de ESO



 







 

miércoles, 13 de mayo de 2026

 PRESENTACIÓN DUN LIBRO

 

Presentación do libro "O soño de Xoán" o próximo 21 de maio ás 9:20 no Salón de Actos.

martes, 5 de mayo de 2026

 LIBRO RECOMENDADO MES DE MAIO.

Neste mes das Letras Galegas, recomendamos unha biografía ilustrada de Begoña Caamaño, a quen lle dedicamos este día no 2026.  Desde a súa infancia ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano

Esperamos que o disfrutedes!!





viernes, 24 de abril de 2026

AMIG@ INVISIBLE - DÍA DO LIBRO

Na sala de profesores do IES celebramos o Día do Libro.


 Tamén contamos coa colaboración da libreria Brañas Verdes


 

lunes, 13 de abril de 2026

 LIBROS RECOMENDADOS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE


Para o terceiro trimestre, aquí van as recomendacións de lectura:

NOSOTRAS de Rosa Montero: é unha obra que explora a experiencia feminina ao longo da historia. A autora mestura reflexións persoais, análise social e referencias culturais para construír un retrato complexo do que significa ser muller. Nesta obra, Montero afonda en temas como a identidade, os roles impostos, a memoria colectiva e a loita pola igualdade. 

HIJA DE LA VENGANZA de Michael McDowell: Un thriller histórico cheo de xiros de guión e golpes de martelo. Una persecución endemoniada por todo o norte de EE.UU. entre dúas mulleres. E só pode quedar unha.

HAMMET de Maggie O´Farrell: Agnes, unha rapaza peculiar, é  o dixomedíxome  de Stratford (Inglaterra). Coñece a un preceptor de latín e namoran. Pero o seu matrimonio poñerase a proba, pola familia e por unha desgracia


lunes, 9 de marzo de 2026

 CELEBRAMOS O 8 DE MARZO

Celebramos o día da muller, o 6 de marzo e entregamos  o premio do concurso de fotografía.


 

Tamén a alumna de 2º de Bacharelato, Nix, le un manifesto e un poema que escribiu para este día

 

martes, 3 de marzo de 2026

 LIBRO RECOMENDADO PARA O MES DE MARZO.

Conmemoramos o 8 - M cun libro de Ramón Caride, As superviventes. Tres mulleres veteranas en diversas loitas.  Trata o tema da construción de identidade, e a destrución de prototipos de xénero.