BENVIDA

lunes, 9 de marzo de 2026

 CELEBRAMOS O 8 DE MARZO

Celebramos o día da muller, o 6 de marzo e entregamos  o premio do concurso de fotografía.


 

Tamén a alumna de 2º de Bacharelato, Nix, le un manifesto e un poema que escribiu para este día

 

martes, 3 de marzo de 2026

 LIBRO RECOMENDADO PARA O MES DE MARZO.

Conmemoramos o 8 - M cun libro de Ramón Caride, As superviventes. Tres mulleres veteranas en diversas loitas.  Trata o tema da construción de identidade, e a destrución de prototipos de xénero. 




martes, 10 de febrero de 2026

 CARTEL DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Hoxe martes 10 de febreiro, entregamos o premio ao cartel da IV Edición do Día da Nena e a Muller na Ciencia.

A gañadora foi Misaki Okada. Parabéns








lunes, 2 de febrero de 2026

LIBRO RECOMENDADO MES DE FEBREIRO

Para este mes de febreiro, recomendamos o libro de Marta Jiménez LOS NOMBRES PROPIOS.






Belaundia Fu é a mellor amiga de Marta con sete anos. Ahora ten vintedous e Belaundia segue con ela. 
Esta novela investiga sobre a identidade e a relación que establecemos có mundo que nos rodea.

viernes, 23 de enero de 2026

 CONVÓCASE O CONCURSO PARA O CARTEL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA.

O próximo 11 de febreiro celebramos a IV edición do Día da Nena e a Muller na Ciencia no IES Alfredo Brañas.

Convocamos o concurso para deseñar o cartel desta edición. Pode participar todo o alumnado do centro. As bases son as seguintes: 

-No cartel debe figurar:  Nome do instituto, a data de celebración e o título.

- O tamaño será un folio A4.

- Poderase utilizar todo tipo de material para o deseño do cartel.

- Entregarase na Conserxería ou na AAE, con data límite do 9 de febreiro.

- Por detrás do A4 deberá ir o nome completo do alumno/a e o curso.





lunes, 12 de enero de 2026

 LIBROS RECOMENDADOS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE


Para este segundo trimestre do curso, recomendamos estes títulos:

AS SUPERVIVENTES de Ramón Caride: Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas, e levan sufrido agresións físicas, sociais e farmacolóxicas. 

UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA de Rosa Aneiros: A nai de Alma era divertida e unha contadora de historias magnífica ata que a obsesión polo continente branco e polo quecemento global a papou enteiriña. Por iso, ela está en guerra aberta co mundo. Mais Alma non tardará en aprender que na fría Antártida, numerosas especies sobreviven grazas a unha inmensa capacidade de adaptación ao medio. E ela é un deses fascinantes seres, só que aínda non o sabe.

UN DE NÓS MENTE de Karen M. McManus: "Dos cinco estudantes castigados nunha aula dun instituto, só catro saen con vida. Todos os superviventes teñen algo que agochar: Bronwyn,  Addy,  Nate e Cooper. Simon, que desenvolveu unha app para móbiles na que divulga rumores sobre os seus compañeiros, morre na aula. Os catro superviventes convértense en sospeitosos.