BENVIDA

lunes, 1 de diciembre de 2025

 LIBRO RECOMENDADO MES DE NADAL

Ola a todos os lectores e lectoras do Brañas.

Par este mes de nadal, temos como recomendación un libro sobre Castelao con motivo do cabodano do seu pasamento. 

É unha biografía en forma de novela gráfica.






martes, 25 de noviembre de 2025

 25-N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hoxe conmemoramos

 Este día  recordamos o Día contra a violencia de xénero e tamén contra a violencia vicaria.

Un grupo de rapaces e rapazas de 4º da ESO fixo este mural e axudou a poñer o escaparate. GRAZAS a todos e todas.


Ademáis a nosa compañeira Nix de 2º de Bacharelato leu un poema escrito por ela e o manifesto contra a violencia de xénero. 

Deixamos os enlaces aos vídeos

https://drive.google.com/file/d/18Y98VxFe-M6sRNh6pUlYWDUsCt86weyD/view?usp=drive_link
https://drive.google.com/file/d/1CLSIeUIfX5ntqyyN5xl_-B2NaSoyRVQB/view?usp=drive_link




miércoles, 5 de noviembre de 2025

 I CONCURSO DE CURTAS

Convocamos o I concurso de curtas 

As bases son as seguintes

BASES DO CONCURSO DE CURTAS

1. Os videos deberán empregar a lingua galega.

 

2. A extensión máxima será de 1 minuto e medio e 2 minutos. Pódese facer en grupo

 

3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.

 

4. Na escolla do video gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade.

 

5. Será descalificado automaticamente do concurso calquera video que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo, así como linguaxe ofensiva.

 

6. O prazo para entregar o video será ata o 27 de outubro, na dirección de correo, co nome do alumno/a e curso

 

 biblioteca.iesab@gmail.com

 

7. O anuncio do video gañador e a entrega do premio realizaranse o día 30 de Outubro no recreo da ESO na Aula de Atención Educativa. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso. 

jueves, 30 de octubre de 2025

 ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE MICRORRELATOS

Hoxe 30 de outubro, na víspera do Samaín, entregamos os premios do III Concurso de Microrrelatos. 

Os alumnos gañadores foron 

1º Premio: Alessandro Martínez la Rosa

2º Premio: Mara Vilanova Añón 

Parabéns aos gañadores




martes, 28 de octubre de 2025

 DÍA DAS ESCRITORAS.

O alumnado de 4º de ESO espuxo os seus traballos para celebrar o día das escritoras. Escolleron un persoaxe feminino da literatura e fixeron un collage. 






viernes, 10 de octubre de 2025

 III CONCURSO DE MICRORRELATOS ARREPIANTES.

A biblioteca convoca o III concurso de microrrelatos arrepiantes.

 


BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

1.  Os microrrelatos deberán estar escritos en lingua galega.

2. A extensión máxima será de 75 palabras e deberá axustarse ás características propias deste xénero.

3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.

4. Asinarase o microrrelato cun pseudónimo. Nun sobre cerrado, incluirase unha nota na que figuren o nome e apelidos da persoa autora, así como o nivel e o grupo a que pertence. No exterior do sobre escribirase o pseudónimo con que se asinou o microrrelato, a fin de facilitar a súa identificación, en caso de resultar gañador.

5. Na escolla do microrrelato gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade literaria.

6. Será descualificado automaticamente do concurso calquera microrrelato que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo.

7. O anuncio do microrrelato gañador e a entrega do premio realizaranse o día 31 de Outubro no recreo da ESO na biblioteca. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso.