BENVIDA

martes, 9 de abril de 2024

 LECTURAS RECOMENDADAS TERCER TRIMESTRE

Aquí están as recomendacións para este trimestre. 



martes, 2 de abril de 2024

 LIBRO RECOMENDADO MES DE ABRIL



Pete Payne ten catorce anos. Un día descobre  que é un maniático da saúde. Durante todo un ano confiará ó seu diario os datos médicos que recolle en calquera fonte ó seu alcance. A súa  investigación abarca aspectos tan diversos como o acne, o alcohol, as drogas, o sexo, as dietas, os accidentes e toda clase de enfermidades.  

 DÍA DO LIBRO

Participa no amigo invisible para conmemorar o Día do Libro o 23 de abril. 



lunes, 11 de marzo de 2024

 CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO


Para celebrar o 8-M, o alumnado colaborador da biblioteca fixo un mural co lema "Feminismo organizado para varrer o patriarcado"


Noa e Sabela leron un manifesto a todo o alumnado no patio do centro.







martes, 5 de marzo de 2024

 LIBRO RECOMENDADO DO MES DE MARZO



Este libro é un recopilatorio dos textos que a autora publicou nos seus perfiles de redes sociais. En cada texto podemos encontrar a emoción profunda e sincera que caracteriza á autora. Elísabet escribe a corazón aberto sobre o amor, o desamor, o amor propio, os complexos, o paso do tempo, a ansiedade, as expectativas vitais...


viernes, 23 de febrero de 2024


 EXPERIMENTADO EN FEMININO- II EDICIÓN

Este curso contamos de novo coa nosa compañeira de Química Isabel Regueiro que nos contou a súa experiencia como CSI no Uruguai.

Tamén nos falou Isabel Marta sobre as mulleres enxeñeiras.

 



O alumnado de 2º da ESO fixo o mural para commemorar esta data e axudou a colocar a exposición






viernes, 9 de febrero de 2024

 DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA: Experimentando en feminino 2ª edición.

Os días 15, 16 e 23 de febreiro celebraremos o Día da Nena e a Muller na Ciencia.

Aquí vos deixamos o programa. 

Hai un fotocall na entrada do instituto para que vos poidades facer fotos.