BENVIDA

lunes, 11 de marzo de 2024

 CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO


Para celebrar o 8-M, o alumnado colaborador da biblioteca fixo un mural co lema "Feminismo organizado para varrer o patriarcado"


Noa e Sabela leron un manifesto a todo o alumnado no patio do centro.







martes, 5 de marzo de 2024

 LIBRO RECOMENDADO DO MES DE MARZO



Este libro é un recopilatorio dos textos que a autora publicou nos seus perfiles de redes sociais. En cada texto podemos encontrar a emoción profunda e sincera que caracteriza á autora. Elísabet escribe a corazón aberto sobre o amor, o desamor, o amor propio, os complexos, o paso do tempo, a ansiedade, as expectativas vitais...


viernes, 23 de febrero de 2024


 EXPERIMENTADO EN FEMININO- II EDICIÓN

Este curso contamos de novo coa nosa compañeira de Química Isabel Regueiro que nos contou a súa experiencia como CSI no Uruguai.

Tamén nos falou Isabel Marta sobre as mulleres enxeñeiras.

 



O alumnado de 2º da ESO fixo o mural para commemorar esta data e axudou a colocar a exposición






viernes, 9 de febrero de 2024

 DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA: Experimentando en feminino 2ª edición.

Os días 15, 16 e 23 de febreiro celebraremos o Día da Nena e a Muller na Ciencia.

Aquí vos deixamos o programa. 

Hai un fotocall na entrada do instituto para que vos poidades facer fotos. 




viernes, 2 de febrero de 2024

 LIBRO DO MES

Este mes de febreiro recomendamos o libro de César Mallorquí "El maestro oscuro".

Nesta obra, Laura trasládase a vivir a un barrio obreiro onde coñece a moitos personaxes. Un deles é

 Germán que uns días despois aparece morto. Laura tratará de descubrir ao seu asasino.



miércoles, 24 de enero de 2024

 VEN Á BIBLIOTECA E FAI AS TÚAS MÁSCARAS PARA CARNAVAL.

NA SEMANA DO 29 DE XANEIRO AO 7 DE FEBREIRO PODES VIR Á BIBLIOTECA A FACER AS TÚAS MÁSCARAS PARA O CARNAVAL. AGARDÁMOSTE!!



martes, 16 de enero de 2024

 RECOMENDACIÓNS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

Aquí vos deixamos as recomendacións para este segundo trimestre.