Con motivo do 25-N, a biblioteca colabora coa Comisión de Igualdade. O noso alumno colaborador, Álex, fai o mural para esta data. O alumnado pegou as súas frases en contra da violencia de xénero.
lunes, 6 de noviembre de 2023
AQUÍ TEDES O VIDEO DA ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA O 31 DE OUTUBRO E AS DECORACIÓNS DO SAMAÍN.
Pincha no seguinte enlace para ver un video da decoración e actividades do Samaín
https://www.youtube.com/watch?v=xyi8dOrsDwc&t=88s
jueves, 2 de noviembre de 2023
LIBRO RECOMENDADO PARA NOVEMBRO.
Este mes de novembro recomendamos o primeiro libro de O CLAN DA LOBA de Maite Carranza.
Dende tempos inmemoriais, os clans das bruxas Omar viviron agochándose das sanguinarias bruxas Odish e agardando a chegada da elixida pola profecía. Agora os astros confirman que o tempo está próximo ...
jueves, 26 de octubre de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Con motivo do Día das Bibliotecas, celebramos a II Mostra de debuxos "Que é para tí unha biblioteca?" Participa o alumnado de 1º de ESO
lunes, 9 de octubre de 2023
Este ano celebramos o Samaín ou Halloween na Biblioteca cun obradoiro de decoración monstruosa na que colaboraron alumnado de 1º e 2º da ESO.
Tamén fixemos un concurso de microrrelatos que gañou Aldara López Carracedo de 1º ESO A. Parabéns!!!
A continuación está o enlace ao video coas actividades realizadas esta semana.