BENVIDA

viernes, 24 de abril de 2026

AMIG@ INVISIBLE - DÍA DO LIBRO

Na sala de profesores do IES celebramos o Día do Libro.


 Tamén contamos coa colaboración da libreria Brañas Verdes


 

lunes, 13 de abril de 2026

 LIBROS RECOMENDADOS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE


Para o terceiro trimestre, aquí van as recomendacións de lectura:

NOSOTRAS de Rosa Montero: é unha obra que explora a experiencia feminina ao longo da historia. A autora mestura reflexións persoais, análise social e referencias culturais para construír un retrato complexo do que significa ser muller. Nesta obra, Montero afonda en temas como a identidade, os roles impostos, a memoria colectiva e a loita pola igualdade. 

HIJA DE LA VENGANZA de Michael McDowell: Un thriller histórico cheo de xiros de guión e golpes de martelo. Una persecución endemoniada por todo o norte de EE.UU. entre dúas mulleres. E só pode quedar unha.

HAMMET de Maggie O´Farrell: Agnes, unha rapaza peculiar, é  o dixomedíxome  de Stratford (Inglaterra). Coñece a un preceptor de latín e namoran. Pero o seu matrimonio poñerase a proba, pola familia e por unha desgracia


lunes, 9 de marzo de 2026

 CELEBRAMOS O 8 DE MARZO

Celebramos o día da muller, o 6 de marzo e entregamos  o premio do concurso de fotografía.


 

Tamén a alumna de 2º de Bacharelato, Nix, le un manifesto e un poema que escribiu para este día

 

martes, 3 de marzo de 2026

 LIBRO RECOMENDADO PARA O MES DE MARZO.

Conmemoramos o 8 - M cun libro de Ramón Caride, As superviventes. Tres mulleres veteranas en diversas loitas.  Trata o tema da construción de identidade, e a destrución de prototipos de xénero. 




martes, 10 de febrero de 2026

 CARTEL DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Hoxe martes 10 de febreiro, entregamos o premio ao cartel da IV Edición do Día da Nena e a Muller na Ciencia.

A gañadora foi Misaki Okada. Parabéns








lunes, 2 de febrero de 2026

LIBRO RECOMENDADO MES DE FEBREIRO

Para este mes de febreiro, recomendamos o libro de Marta Jiménez LOS NOMBRES PROPIOS.






Belaundia Fu é a mellor amiga de Marta con sete anos. Ahora ten vintedous e Belaundia segue con ela. 
Esta novela investiga sobre a identidade e a relación que establecemos có mundo que nos rodea.