BENVIDA

lunes, 12 de enero de 2026

 LIBROS RECOMENDADOS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE


Para este segundo trimestre do curso, recomendamos estes títulos:

AS SUPERVIVENTES de Ramón Caride: Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevisto azar vai ter consecuencias impensadas en cada unha delas. Son veteranas de moitas guerras psíquicas, e levan sufrido agresións físicas, sociais e farmacolóxicas. 

UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA de Rosa Aneiros: A nai de Alma era divertida e unha contadora de historias magnífica ata que a obsesión polo continente branco e polo quecemento global a papou enteiriña. Por iso, ela está en guerra aberta co mundo. Mais Alma non tardará en aprender que na fría Antártida, numerosas especies sobreviven grazas a unha inmensa capacidade de adaptación ao medio. E ela é un deses fascinantes seres, só que aínda non o sabe.

UN DE NÓS MENTE de Karen M. McManus: "Dos cinco estudantes castigados nunha aula dun instituto, só catro saen con vida. Todos os superviventes teñen algo que agochar: Bronwyn,  Addy,  Nate e Cooper. Simon, que desenvolveu unha app para móbiles na que divulga rumores sobre os seus compañeiros, morre na aula. Os catro superviventes convértense en sospeitosos. 

viernes, 9 de enero de 2026

 REUNIÓN O XOVES 22 DE XANEIRO


O próximo xoves 22 de xaneiro convocamos unha reunión na biblioteca do centro para formar un grupo de alumnado que participe na dinamización das actividades da biblioteca e do grupo de igualdade.


Animádevos a participar



miércoles, 7 de enero de 2026

 LIBRO DO MES DE XANEIRO



A comedia de teatro que Domingo Villar deixou rematada antes de morrer. Está protagonizada por un escritor que está bloqueado dende hai anos.  Desfilan pola escena as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria, que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de quen se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada, mais sempre lúcida, arredor da literatura e de todo o que a rodea.



lunes, 1 de diciembre de 2025

 LIBRO RECOMENDADO MES DE NADAL

Ola a todos os lectores e lectoras do Brañas.

Par este mes de nadal, temos como recomendación un libro sobre Castelao con motivo do cabodano do seu pasamento. 

É unha biografía en forma de novela gráfica.






martes, 25 de noviembre de 2025

 25-N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hoxe conmemoramos

 Este día  recordamos o Día contra a violencia de xénero e tamén contra a violencia vicaria.

Un grupo de rapaces e rapazas de 4º da ESO fixo este mural e axudou a poñer o escaparate. GRAZAS a todos e todas.


Ademáis a nosa compañeira Nix de 2º de Bacharelato leu un poema escrito por ela e o manifesto contra a violencia de xénero. 

Deixamos os enlaces aos vídeos

https://drive.google.com/file/d/18Y98VxFe-M6sRNh6pUlYWDUsCt86weyD/view?usp=drive_link
https://drive.google.com/file/d/1CLSIeUIfX5ntqyyN5xl_-B2NaSoyRVQB/view?usp=drive_link




miércoles, 5 de noviembre de 2025

 I CONCURSO DE CURTAS

Convocamos o I concurso de curtas 

As bases son as seguintes

BASES DO CONCURSO DE CURTAS

1. Os videos deberán empregar a lingua galega.

 

2. A extensión máxima será de 1 minuto e medio e 2 minutos. Pódese facer en grupo

 

3. O tema exclusivo será o terror, podendo desenvolverse calquera aspecto, preferentemente relacionado con Halloween ou Samaín.

 

4. Na escolla do video gañador, valorarase o estrito cumprimento dos requisitos indicados nestas bases, así como a corrección lingüística e a calidade.

 

5. Será descalificado automaticamente do concurso calquera video que presente contidos ou expresións sexistas ou discriminatorias cara a calquera colectivo, así como linguaxe ofensiva.

 

6. O prazo para entregar o video será ata o 27 de outubro, na dirección de correo, co nome do alumno/a e curso

 

 biblioteca.iesab@gmail.com

 

7. O anuncio do video gañador e a entrega do premio realizaranse o día 30 de Outubro no recreo da ESO na Aula de Atención Educativa. Prégase a asistencia de todas as persoas participantes no concurso.