BENVIDA

viernes, 12 de septiembre de 2025

 


ESTE NOVO CURSO EMPEZA CO INSTITUTO EN OBRAS.

NON PODEDES USAR A BIBLIOTECA ATA QUE REMATEN AS OBRAS NAS ESCALEIRAS QUE SUBEN Á BIBLIO.

TEMPORALMENTE, A PETICIÓN DE LIBROS FARASE NA AULA DE CONVIVENCIA.

SENTIMOS AS MOLESTIAS E ESPERAMOS TER A BIBLIOTECA DISPOÑIBLE MOI PRONTO

 


lunes, 9 de junio de 2025

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Non te podes ir de vacacións sin levar un libro. Aquí tes algúns títulos que podes vir buscar á biblioteca para facer máis interesantes as vacas...



 MES DO ORGULLO

Neste mes de xuño celébrase o mes conmemoratico do orgullo e que presta atención á emancipación, o 

respecto e a aceptación do colectivo.

Celebraremos este mes cunha proxección de películas para os catro cursos da ESO 

aínda por determinar



  

lunes, 2 de junio de 2025

 LIBRO DO MES

Neste último mes de curso, imos recomendar un libro que veu presentar a nosa compañeira Laura L. 

Drusetta, Todo pasa. 

Nesta obra, a vida de dúas mulleres, Carmela e Aldonza de Mendoza técense entre o presente e o pasado.



martes, 20 de mayo de 2025

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O 16 de maio, estiveron no noso centro un grupo de mulleres cantareiras que nos fixeron unha

 demostración da súa arte. Un gusto escoitalas.







lunes, 5 de mayo de 2025

SEMANA CULTURAL

Na semana do 12 ao 16 de maio imos celebrar o Día do Libro e o Día das Letras Galegas coas seguintes actividades
- 1º ESO : taller de marcapáxinas e taller de cómic
- 2º ESO: taller de cómic
- 3º - 4º ESO: charlas con cantareiras.
O venres 16, nas dúas últimas horas haberá unha foliada na que poderedes participar todos e todas.