25 de Novembro
Con motivo do 25-N, a biblioteca colabora coa Comisión de Igualdade. O noso alumno colaborador, Álex, fai o mural para esta data. O alumnado pegou as súas frases en contra da violencia de xénero.
LIBRO RECOMENDADO PARA NOVEMBRO.
Este mes de novembro recomendamos o primeiro libro de O CLAN DA LOBA de Maite Carranza.
LIBRO RECOMENDADO DESTE MES
Este mes de outubro imos recomendarvos un libro de misterio e aventuras "El brazalete mágico"
Lara vai pasar as vacacións a Atenas onde o seu pai traballa nunha escavación. Unha tarde, Lara entra nunha tenda de antigüidades na que un misterioso ancián lle regala un brazalete. Que aventuras lle ocorren con este misterioso brazalete? Ven e descúbreas.