BENVIDA

miércoles, 19 de mayo de 2021

INICIO

 Benvidos á Biblioteca do IES Alfredo Brañas. Este é o aspecto da Biblioteca despois de incorporar o novo mobiliario

Amáis, temos un novo espazo de lectura                                                                                                      
Agardamos que vos guste.                                                                                                                      



lunes, 17 de mayo de 2021

 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano, ese día está adicado á escritora Xela Arias. 

domingo, 16 de mayo de 2021

NOVIDADES

As fillas do César, Livia, Loberia e Dunia, chegan a Lucus Augusti, para levar a cabo unha perigosa misión. A morte do asirante ao trono complicará o seu propósito, pero o Consello de Sabios de Gallaecia recibirá unha nova que provocará un xiro inesperado nos acontecementos. 



Este libro nos acerca a María como exemplo de seguimento a Xesús: foi elixida por Deus para ser a súa nai e posta a proba polas súas propias decisións. 


Este libro foi editado co gallo da restauración da Catedral; é unha historia da Catedral e da cidade na que se asenta. Podemos ver e entender os cambios sociais e políticos que viviu Galicia nos derradeiros doce séculos a través dos cambios construtivos do templo


Imaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de Santiago coma uns peregrinos máis.  Que aventuras vivirán? Ven a descubrilo.



A historia desta serie xira en torno a Shoko Nishimiya, unha estudante de primaria que é xorda de nacemento e que ao cambiarse de colexio comeza a recibir acoso escolar por parte dos seus novos compañeiros. Que lle ocorrirá?...

 


Ven a descubrir a colección de libros "My hero academia"





Unha fascinante novela gráfica sobre o holocausto. "Maus" é a biografía de Vladek Spiegelman, un xudeo polaco supervivinte dos campos de exterminio nazis, contada a través do seu fillo Art, un debuxante de comics. Moi emocionante...