RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Blog da biblioteca do IES Alfredo Brañas
LIBRO RECOMENDADO MES DE XUÑO
Neste último mes do curso, recomendamos este libro
Tras unha gran inundación no pobo de Perdido, a poderosa familia Caskey intenta recuperar as súas propiedades e a súa influencia. Durante a riada aparece unha misteriosa moza chamada Elinor Dammert. Pouco a pouco, Elinor intégrase na comunidade e achegase á familia, especialmente a Óscar Caskey. A súa presenza provoca un enfrontamento crecente con Mary-Love, a matriarca dos Caskey. O libro combina saga familiar, drama sureño e elementos sobrenaturais.
17 DE MAIO
Esta semana temos dúas commemoracións
Día Internacional contra la Homofobia, la Transfobia y la Bifobia (IDAHOBIT).
Os nosos colaboradores fixeron un cartel para celebrar este día
GRAZAS A POLOS CREATIVOS POLA SÚA COLABORACIÓN
Ademais, celebramos unha xincana con alumnado de 1º de ESO
LIBRO RECOMENDADO MES DE MAIO.
Neste mes das Letras Galegas, recomendamos unha biografía ilustrada de Begoña Caamaño, a quen lle dedicamos este día no 2026. Desde a súa infancia ata converterse nunha das voces máis importantes da radio, do activismo e da literatura galega, Begoña loitou sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade. Nas súas obras, deulles voz e puxo no centro a mulleres que a literatura deixara nun segundo plano
Esperamos que o disfrutedes!!
LIBROS RECOMENDADOS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
Para o terceiro trimestre, aquí van as recomendacións de lectura:
NOSOTRAS de Rosa Montero: é unha obra que explora a experiencia feminina ao longo da historia. A autora mestura reflexións persoais, análise social e referencias culturais para construír un retrato complexo do que significa ser muller. Nesta obra, Montero afonda en temas como a identidade, os roles impostos, a memoria colectiva e a loita pola igualdade.
HIJA DE LA VENGANZA de Michael McDowell: Un thriller histórico cheo de xiros de guión e golpes de martelo. Una persecución endemoniada por todo o norte de EE.UU. entre dúas mulleres. E só pode quedar unha.
HAMMET de Maggie O´Farrell: Agnes, unha rapaza peculiar, é o dixomedíxome de Stratford (Inglaterra). Coñece a un preceptor de latín e namoran. Pero o seu matrimonio poñerase a proba, pola familia e por unha desgracia